Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Partidos que se contan por vitorias no fútbol sala

RR_Noticias

Os tres equipos que militan na autonómica sur lograron a vitoria nos partidos disputados nesta fin de semana. O Arealonga vencía por 3-2 A Quinta de Tui. O Redondela facíase tamén cos tres puntos en xogo logo dun partido ante o Sporting Manzaneda que remataba cun marcador de 4-3 e, por último, o Campito vencía por 5-6 no encontro disputado no campo do Tui Futsal.

O Arealonga, malia ter un partido complicado ao recibir aos terceiros da categoría, A Quinta de Tui lograron facerse cos tres puntos en xogo nun encontro que rematou co resultado de 3-2. Na vindeira semana xogan contra un rival directo, o Alonso Serodio de Mos situado na praza decimo segunda, tan so un posto por riba dos de Chapela.
Tamén na casa xogaba o Redondela e lograban a vitoria por 4-3 ante o Sporting Manzaneda. O equipo, situado na sétima praza, xoga na vindeira fin de semana no campo do líder, o Lume Corbatas.
Tamén vitoria para o Campito, que malia xogar fóra da casa lograron facerse co partido ante o Tui Futsal. O encontro rematou cun axustado 5-6 que mantén ao Campito nos postos altos da categoría. Son cuartos e na vindeira semana reciben a un dos equipos máis febles do grupo, o penúltimo clasificado, o Celado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará