Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco busca afianzar a permanencia ante o Céltiga

RR_Noticias

Importante encontro para os de Marcos Montes logo da vitoria da pasada xornada en Ribadumia. O Choco mídese en Santa Mariña a un dos seus rivais directos pola permanencia, o Céltiga. O presidente do club, Iván Crespo, advirte que se trata dun partido trascendental.

De gañar os redondeláns colocaríanse nunha situación moito máis cómoda para conseguir o obxectivo da salvación, xa que actulamente son ata oito os equipos que se atopan moi apertados na táboa cunha direfencia de tres punto. A cita será o domingo ás 17.00 en Santa Mariña, e no club confían en que os afeccionados acudan ao campo para dar o seu apoio ao equipo de Marcos Montes. Torneo Semana Santa Por outra banda lembrar que o C.D. Choco organiza un ano máis o Torneo de Semana Santa para categorías inferiores. A cita está aberta a todos os clubs que queiran participar nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Os partidos disputaranse en Santa Mariña os días 14 e 15 de abril. A inscrición, de balde, será por orde de solicitude e os equipos interesados deben enviar un correo electrónico ao enderezo c.d.choco@hotmail.com. O venres 14 será o día dos prebenxamíns e benxamíns e o sábado 15 o turno será para os alevíns. A idea do Choco é confeccionar un calendario o máis amplo posible para que os rapaces dos distintos equipos poidan vivir unha xornada de moito fútbol en Redondela.  

Iván Crespo presidente do C.D.Choco
Unha vitoria ante o Céltiga achandaría o camiño da salvación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará