Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cándido Pazó achega a Soutomaior o espectáculo “Memorias dun neno labrego”

RR_Noticias

O Multiusos de Arcade acolle este domingo, ás 20:30 horas, a obra “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó. Un espectáculo teatral baseado no libro de Xosé Neira Vilas, e que serve de “homenaxe á memoria dun tempo que nos define e ao escritor que tan ben soubo contaba”, afirma o cartel da peza teatral. A entrada á actuación será gratuíta.

Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. Apoiado nun gran atractivo visual e un coidado traballo de vídeo, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións.
O espectáculo estreouse en 2011 para a celebración do 50 aniversario da primeira publicación en Buenos Aires de “Memorias dun neno labrego”, o libro máis lido, publicado e traducido da literatura galega, e leva acumuladas máis de 200 funcións por Galicia e diversas localidades de Europa e América.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará