Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela é o municipio de máis de 30.000 habitantes con menor taxa de paro da área

RR_Noticias

O Concello de Redondela co 17,26 % de taxa de paro sitúase á cabeza dos concellos con menos paro da contorna, ao pasar das 3.081 persoas desempregadas contabilizadas en xaneiro de 2012 ás 2.233 rexistradas en xaneiro deste mesmo ano. Isto supón unha diminución de catro puntos nos últimos cinco anos. Dende o goberno local entenden que estes datos reflicten que as políticas de emprego que están a desenvolver dende o concello “están a dar os seus froitos”.

Redondela segue a mellorar os datos de emprego tras os últimos datos dados polo ministerio de emprego. Dende o ano 2012 pódese apreciar unha clara baixada da taxa de paro tomando como referencia os datos de xaneiro, pasando dun 22,55% de paro hai 5 anos ao 17,26 actual.
Un datos que para o goberno local veñen avalar o traballo do concello en materia de emprego “Dende a súa chegada, o grupo de goberno implicouse neste problemática que estaba a sufrir o noso país en xeral e o noso municipio en particular acolléndose e apostando por políticas activas de emprego potenciadas dende a consellería de emprego da Xunta de Galicia. Froito desta aposta temos os seis plans de emprego levados a cabo nos últimos 6 anos e os multiples a variados obradoiros de emprego. Estes programas contan cun elevado índice de empregabilidade o que fai que ano tras ano a tras o cumprimento da empregabilidade esixida polas administracións Redondela poida voltar a solicitalos”.
A edil Carmen Amoedo engade que “aínda que sabemos que queda moito por facer tamén sabemos que as nosas políticas de emprego están a dar os seus froitos polo que seguiremos traballando nesta dirección intentando mellorar os datos e que esta mellora chegue a todos os veciños canto antes”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará