Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reivindica a Rosalía

RR_Noticias

O Concello celebra este xoves os actos previstos para a semana pasada co gallo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e que foran pospostos por mor do asasinato de violencia de xénero de Chapela. Consistirán na lectura dunha declaración institucional ás 12:00 horas, un recitado de poemas por escolares e a intervención do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Actos todos eles que estaba previsto organizar na Alameda, aínda que previsiblemente e ante a situación meteorolóxica haberá que desprazar ao interior do concello.

O técnico do servizo de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez apuntaba a necesidade de reivindicar unha figura de Rosalía en todas as súas dimensión (humana, literaria, intelectual, lingüística, comprometida…) e aproveitar para demandar o uso do idioma. “Non é simplemente unha poeta que escribe en lingua galega, é unha figura exemplar en moitos aspectos, e unha intelectual de carácter universal”.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüística
Unha intelectual de carácter universal
Programa de actos
O xoves ás 12:00 horas
Teresa París edil de cultura
Os actos foron pospostos por mor do asasinato de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará