Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén celebra este sábado a festa da Cacheira

RR_Noticias

XVI edición da festa da Cacheira, unha cita gastronómica con moitos seguidores no municipio e comarca e que este ano contará con actividades a maiores ao coincidir a celebración cos actos do Entroido organizados dende o Concello de Pazos. Así haberá Feira de artesanía, produtos ecolóxicos e antigüidades, música con Nota Bene, pregón a cargo do humorista Xosé Antonio Touriñán e actividades para os nenos a partir das 17:00horas. Unha mabiente festivo para degustar a cacheira que se servirá acompañada de chourizo e grelos.

Xa dende a mañá do sábado os que o desexen poderán adquirir produtos ecolóxicos e artesáns na feira que se vai desenvolver durante todo o día e que pretende ser tamén un xeito de promover aos produtores locais da zona. Ás 11:30 actuarán as pandereteiras Fonte da tella e celebrarase a mostra do II concurso de fotografía do concello. Unha hora despois o grupo Nota Bene será o encargado de amenizar a xornada coa súa música e a continuación escoitarase o pregón que correrá a cargo do humorista e presentador da TVG, Xosé Antonio Touriñán.
Pola tarde os protagonistas serán os máis pequenos coas actividades do Entroido, con inchables e karaoke a partir das 17:00 horas. De cara a noitiña servirase chocolate con rosca e ás 21:30 actuarán os grupos 3.com e Salsa Costas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará