Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anxo Angueira: “Rosalía é un emblema nacional”

RR_Noticias

O presidente da Fundación Rosalía de Castro con sede na casa Museo de Padrón, traballa activamente no espallamento da obra e vida da poeta escritora galega de quen salienta a súa ampla formación “grazas a figura da súa nai” que se empeñou en que estudara como os rapaces na vez de reducir a súa formación a costura e cociña como adoitaba facerse coas nenas da época. Rosalía convértese así nunha intelectual que leva a súa formación aos textos que escribe, moitos deles con marcado carácter feminista.

Angueira anima a visitar a Casa da Matanza en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurada en 1971 e convertida en Casa-Museo en 1972 neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.  

Anxo Angueira presidente da Fundación Rosalía de Castro
Xurxo Martínez responsable de Normalización Lingüística é o encargado de conducir a conversa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará