Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela decreta dous días de loito e convoca un pleno en repulsa polo crime machista de Chapela

RR_Noticias

Unha vez que xa hai confirmación oficial de que o suceso do paso luns en Chapela é un novo caso de violencia de xénero “en investigación” o Concello pon en marcha o protocolo de actuación aprobado en Xunta de portavoces. Así, convocan esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira un pleno extraordinario e decretan dous días de loito que obrigan a suspender todas as actividades organizadas dende o Concello na xornada de venres e sábado.

No pleno extraordinario de hoxe lerase un manifesto en repulsa pola violencia de xénero e de apoio a familia de Mª José Mateo “Sesé” asasinada pola súa ex parella Emilio Fernández Castro, quen supostamente provocou a explosión do pasado luns na vivenda en Chapela e que acabou tamén coa súa vida.
Por outra banda, decrétanse dous días de loito o que supón que se suspendan todas as actividades organizadas directamente dende o Concello, nomeadamente o espectáculo para nenos “O segredo do tendal” que se ía desenvolver este sábado en Chapela así como o concerto da fadista María do Ceo, previsto tamén apra o sábado no Multiúsos.
Nos vindeiros días convocarase tamén unha concentración/manifestación en Chapela para manifestar tamén publicamente na súa parroquia a dor e indignación polo asasinato de Sesé.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará