Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento confirma que aplicarán medidas para paliar o ruído nas zonas afectadas pola AP-9

RR_Noticias

Na primeira xuntanza celebrada en Madrid da comisión sobre a AP-9 na que están presentes a Xunta e o Ministerio de Fomento acordouse “aplicar medidas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela” así como solicitar ao Concello de Vigo unha proposta técnica para a remodelación da AP-9 na zona urbana de Vigo.

A Xunta e o Ministerio de Fomento celebraron este mércores en Madrid a primeira xuntanza da comisión sobre a autoestrada do Atlántico, a AP-9, que se reunirá cunha periodicidade mínima semestral. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participaron na reunión, que se celebrou en Madrid, e estivo presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gomez-Pomar, coa presencia doutros cargos do Ministerio de Fomento.
Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.
O Ministerio de Fomento confirmou a vontade de aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela, aínda que non transcenderon nin cales serían esas medidas nin cando se aplicarían.
Ademais, os responsables de ambas administracións abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do ámbito.
No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará