Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

David Fernández: A presenza galega en Cataluña é enorme, pero falta máis coordinación e innovación

RR_Noticias

O Val das Mouras é unha formación celta-folk de orixe galega-catalán que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no seu libro “Follas Novas”. Un dos seus integrantes David Fernández (guitarra) pasou polos micrófonos da Radio Municipal na semana na que esta emisora, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, pon en antena unha programación especial para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O Val das Mouras recupera a obra de Rosalía de Castro a través da súa proposta musical celta-folk. O seu primeiro disco, Rosalía, viu  a  luz  en  abril  de  2015.  Son  11  temas,  2  instrumentais  e  9 poemas musicados,  extraídos  do  libro “Follas Novas”. David Fernández fala nos micrófonos da Radio Municipal dos motivos que os levaron a elixir estes textos, a relevancia de Rosalía máis aló das nosas fronteiras e da presenza da cultura galega na Cataluña. Unha conversa que mantivo co responsable do Servizo de Normalización Lingüística Xurxo Martínez.  

David Fernández Val das Mouras
Un dos fundadores do grupo galego-catalá é entrevistado polo responsable de Normalización Lingüística Xurxo Martínez

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará