Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior celebra esta fin de semana a XVII edición da Exposición da Camelia

RR_Noticias

O Castelo de Soutomaior que ven de reabrir as súas portas logo de que se acometeran as obras de reparación dos danos causados polo temporal, acolle un ano máis, un dos festivais florais de referencia na comarca e que contará coa presenza de máis de 40 expositores. Os que se acheguen poderán ademais gozar das composición florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura, Dores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana. Máis de cen metros cadrados de composicións florais coas variedades máis buscadas encherán as salas do Castelo de Soutomaior. Este ano a mostra contará con máis de 20 expositores locais e 25 doutros municipios como Salceda ou Vilagarcía de Arousa, superando así as 45 composicións florais e confirmando o éxito de participación desta edición.
Os alumnos dos colexios Santiago Apostol e a Escola de Romariz de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais, adornados con esta fermosa flor típica de Galicia.
A exposición poderase visitar a partir do sábado pola tarde e durante toda a xornada do domingo e constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior.
A mostra poderase visitar durante todo o fin de semana. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde o dez da mañá. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo. Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística e o Mellor Traballo Escolar contarán con trofeos para o tres mellores propostas.
Ademais, haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame. Os triunfadores en cada categoría recibirán un exclusivo exemplar desta apreciada especie floral. No caso dos traballos escolares, os premios incluirán un lote de libros para nenos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará