Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samuel Diz inaugura o ciclo Pórtico Sonoro cun concerto na Igrexa de Cesantes

RR_Noticias

Arranca a terceira edición do ciclo de música nas igrexas organizado pola Concellaría de Cultura e faino cun concerto a cargo do guitarrista Samuel Diz, cunha coidada selección de traballos baixo o título xenérico “Impresións e paisaxes. A música na vida de Lorca”. Unha actución que terá lugar este sábado día 18 na Igrexa Parroquia San Pedro de Cesantes ás 20:00 horas. Dentro do cartel programado para este ano ofrécese un abano de diferentes expresións musicais dende os coros de cámara, a música de laud medieval ou repertorio de música sacra do renacemento tardía para frauta de pico.

Samuel Diz homenaxea ao grande músico granadino cunha obra musical inspirada no seu primeiro libro, Impresións e paisaxes, que elaborou tras unha gran viaxe universitaria que o levou por toda España e tamén pola nosa Galicia. Fai xa cen anos desta primeira viaxe Lorquiana a nosa terra que o fixeron relacionarse cos nomes máis destacados da música da súa época tales como Falla e músicos do 27 como Jesús Bal y Gay ou Juan José Mantecón,
Neste concerto, o guitarrista Samuel Diz, rescata obra inédita deste último, natural de Vigo, para honrar esa gran viaxe polos lugares máis destacados de Galicia. No repertorio inclúe tamén tema de Falla, Bal y Gay, Juan José Mantecón, Bacarisse o Sainz de la Maza, ademais dunha serie de temas inspirados en cancións populares recollidas por García Lorca.
O concerto comezará ás 20.00 horas, na igrexa parroquial de Cesantes e a entrada é de balde.
O obxectivo deste ciclo é divulgar a música culta achegándoa a distintas parroquias do concello, aproveitando elementos do patrimonio que pola súa acústica, tamaño e valor artístico poden acoller concertos de música sen amplificación nin medios técnicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará