Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous conselleiros en Redondela para informar sobre a situación do futuro colexio Igrexa

RR_Noticias

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, manterán unha reunión técnica de traballo co alcalde de Redondela, Javier Bas hoxe ás 14:00 horas para informarlle dos últimos pasos dados dende a Xunta de cara a axilizar o proceso de construción do novo colexio educativo de Chapela. Precisamente os atrasos no inicio das obras do que debería ser o novo centro que albergará no futuro ao alumnado do colexio Igrexa, afectado pola ampliación da AP-9, levou aos colectivos da parroquia a convocar unha manifestación este venres ás 19:00 horas.

Unha mobilización convocada pola ANPA do propio Colexio, a Asociación de Afectados pola AP-9 e a Asociación de Veciños de Chapela e cuxo motivo principal é a demanda da construción do novo colexio na finca da Ginaría.
A protesta partirá ás 19:00 horas dende a rotonda de acceso a AP-9, na Avenida de Redondela de Chapela ata o Faro de Vigo lugar no que dará a volta a ta o colexio Igrexa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará