Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodavigo SAR aspira a consolidar a súa posición

RR_Noticias

As de Elisardo Covelo “Chini” ocupan a cuarta praza da División de Honra Prata, unha posición que supera as mellores espectativas do club. Ante a xornada de descanso o técnico fai un balance moi positivo da temporada, e aposta por rematar a liga entre os cinco primeiros clasificados.

O triunfo ante o Morro Jable da pasada xornada en Redondela permítelles seguir soñando, e consolidar o bo traballo feito nesta campaña. Trátase dunha categoría moi esixente, como lembra “Chini”, e o equipo precisa estar concentrado ao cen por cen para manter a súa posición. Advirte que a liga está a ser “moi competitiva” e que un momento de relaxación pode botar por terra todo o traball. Levan disputadas catorce xornadas, e tan só restan seis de competición. Agora teñen por diante unha semana de descanso debido ao parón ligueiro. O descanso sentará ben ao equipo, segundo o técnico, xa que servirá para recupera a algunhas xogadoras que arrastraban lesións e sobrecargas. O lado negativo é que o paro na competición pode frear a “tensión” da competición. Con todo, “Chini” recoñece que o feito de que o próximo rival sexa o Carballal garante “a motivación das xogadoras”. Os dous rivais están moi igualados, as de Redondela na cuarta praza e as viguesas na sexta, con tres puntos menos que a SAR Rodavigo, que ademais leva disputada unha xornada menos. Un aliciente máis para este derbi comarcal que se disputará en Cabral. O Carballal chegará ademais con gañas de sumar puntos logo do tropezo en Valladolid, onde non conseguiu pasar do empate. O encontro será o sábado, 25 de febreiro, ás 16.30 horas. Na SAR confían en que os afeccionados redondeláns se despracen tamén ao pavillón vigués para arroupar ás súas xogadoras.    

Elisardo Covelo Chini Adestrador
O técnico confía en que o equipo se consolide na parte alta da táboa nunha liga moi competitiva.
Xornada de descanso
O parón de liga servirá para recuperar a xogadoras lesionadas.
Carballal-SAR
O sábado 25 vivirase un partido de moita rivalidade no pavillón do Carballal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará