Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adif dá marcha atrás e mantén a venta de billetes na estación de Redondela

RR_Noticias

A empresa ven de comunicar ao sindicato CGT que paraliza, polo de agora, o peche deste servizo tanto na estación de Redondela como na de Guillarei. Un peche que estaba previsto fose efectivo a partir do vindeiro domingo 1 de xaneiro. O sindicato amosa a súa satisfacción pola decisión da empresa aínda que se mantén alerta xa que a medida podería aplicarse no futuro e suporía un prexuizo importante para os usuarios que mercan os seus billetes nestas estacións.

Os usuarios da estación de Redondela seguirán contando con servizo de venta de billetes na estación de Redondela logo de que Adif anunciase a súa intención de “paralizar temporalmente a decisión de suspender a venta de billetes”. O portavoz do sindicato CGT, Juan Francisco Sánchez Losada aplaude esta marcha atrás nunha decisión que prexudicaría a toda a contorna, xa que de aplicarse os billetes de longa e media distancia só se poderían adquirir a través da Internet e para percorridos curtos instalaríanse máquinas coma as xa existentes noutras estacións. A cifra de viaxeiros afectados estímase en 37.702 no caso de viaxeiros con destino ou orixe en Redondela. Nesta estación recádanse ao mes 5.400 euros “cantidade que xustifica sobradamente que se manteña o servizo”. Con todo, a medida non está paralizada definitivamente e dependerá das negociacións que están a levar a cabo as empresas ferroviarias Renfe e Adif.  

Juan Francisco Sánchez Losada CGT
Adif recúa
Usuarios afectados
De aplicarse a medida veríanse afectados máis de 37 mil usuarios
Paralización temporal
A medida podería aplicarse no futuro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará