Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

350 rapaces participan en Chapela no Torneo de Nadal Memorial Gerardo Méndez

RR_Noticias

A canteira do balonmán da bisbarra dase cita no pavillón municipal de Chapela, que acolle ata o xoves o seu tradicional torneo de Nadal en homeanxe a Gerardo Méndez. Nesta edición participan equipos das categorías inferiores de Cangas, Octavio, Moaña, SAR e Chapela, organizadores do evento.

As categorías que compiten son prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino. A actividade comezou onte para os máis pequenos, que disputaron a fase de grupos durante toda a xornada, para terminar pola tarde cos cruces en busca da primeira posición. Un dos organizadores, Juan Lampón, salienta que o torneo é “un premio” ao traballo dos máis pequenos, que ao longo de todo o ano adestran e compiten cos seus clubs. Nestas datas de Nadal, coas vacacións escolares, aproveitan para gozar do seu deporte favorito nunha competición na que os seus familiares os acompañan e animan desde a grada. Hoxe disputarán os seus partidos os equipos que pertencen á categoría infantil masculina, o mércores competirán os equipos de infantil feminino e o xoves rematarán o torneo cos equipos de alevín mixtos. Desde xeito o club quere dar protagonismo aos máis pequenos, xa que a canteira é “fundamental” na filosofía do club de Chapela. O obxectivo, como explica Lampón, é que os equipos sénior do club se nutran dos xogadores da base para as categorías de Nacional masculina e a División de Honra prata feminina. O Torneo de Nadal serve como homenaxe a Gerardo Méndez, xornalista vigués e adestrador no Balonmán Chapela nas últimas décadas. Foi o promotor do torneo de Nadal, e faleceu inesperadamente en xaneiro de 2013. Desde ese ano o torneo do Nadal adquiriu o seu nome.

Juan Lampón organizador
O torneo é un premio para os rapaces nesta época de vacacións escolares.
Aposta pola canteira
No Balonmán Chapela faise un esforzo importante por reforzar as categorías inferiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará