Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O británico Arthur Rackham pecha a exposición bibliográfica “O libro ilustrado, imaxes que contan”

RR_Noticias

A Exposición bibliográfica “O libro ilustrado: imaxes que contan” organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as Bibliotecas Municipais de Redondela, remata o seu percorrido polos grandes nomes da ilustración, co británico Arthur Rackham, un dos grandes mestres na historia desta disciplina. As biblitoecas teñen aberto o prazo de participación na elección do mellor libro do 2016.o

Esta actividade de mostras bibliográficas, que vén desenvolvéndose ao longo de todo o 2016, foi gañadora dun premio do Ministerio de Cultura e unha do grupo das mellor valoradas pola Comisión de Evaluación do devandito premio, a través do cal se galardoan os mellores proxectos  de dinamización lectora  nas bibliotecas.
A exposición xa se pode visitar na entrada do edificio Multiúsos de Redondela, no Espazo Aberto, ata o 10 de febreiro de 2017.
Despois do éxito da exposición sobre Edward Gorey en Redondela, o Multiúsos de Chapela acolle agora a mostra bibliográfica de tan singular autor. Gorey, mestre da ilustración macabra pero chea de elegancia e fino humor negro estará no recibidor do auditorio do Multiúsos de Chapela ata o 24 de Febreiro.
Por último lembrar que as Bibliotecas convidan, un ano máis,  aos seus usuarios a elixir O Mellor Libro do Ano 2016. Os lectores votarán ata o 9 de xaneiro  polo seu libro preferido dentro da  produción editorial deste ano: libros que se publicaron de xaneiro a decembro de 2016, en calquera lingua e dentro de calquera xénero literario. Entre os participantes, tanto infantís como adultos, de cada biblioteca,  farase o sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, O  único requisito para participar é ser socio das bibliotecas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará