Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pasaporte comercial permitirá aos consumidores obter descontos e participar en sorteos

RR_Noticias

Chapela contará cun pasaporte comercial que permitirá aos consumidores obter descontos en tendas e bares. Unha novidosa iniciativa da Asociación de Empresarios que busca atender ao sector nunha parroquia cunhas características diferenciadas e particulares. A Asociación ten tamén en marcha a campaña “Recupera o verdadeiro sentido do Nadal ” que achega ao pequeno comercio pegatinas, etiquetas, bolsas e outros elementos decorativos.

O pasaporte comercial é unha das iniciativas que nestes días pon en marcha a asociación de Empresarios de Redondela e coa que se busca fidelizar e animar á clientela de Chapela a achegarse á hostalaría da parroquia e facer as súas compras no comercio de barrio. O funcionamento será ben sinxelo. Os clientes poderán adquirir estes pasaportes nos locais de Chapela e unha vez logren cubrilo con selos, que obterán a través das súas compras, poderán entrar en diferentes sorteos. Tamén o feito de contar co pasaporte dará dereito a beneficiarse de rebaixas e ofertas que fagan os comercios adheridos á iniciativa. Unha iniciativa que busca poñer en valor a compra nas tendas de barrio e que quere dar responsa ás singularidades específicas de Chapela. Por outra banda a Asociación ten en marcha, en todo o concello, a campaña de paquetería “Recupera o verdadeiro sentido do Nadal, do 22 de decembro ao 6 de xaneiro o pequeno comercio de Redondela vístese de Nadal”, coa achega de pegatinas, etiquetas, bolsas e outros elementos decorativos. Vinilos e alfombras vermellas decoraran durante estes días de Nadal as entradas e escaparates do comercio local.  

Julia ALonso Asociación Empresarios
Unha inciativa que busca potenciar a compra no comercio de barrio
Pasaporte comercial
Dá dereito a descontos e sorteos
Campaña de paquetería
Extensible a todo o comercio asociado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará