Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O quiosco Cocó reparte en Redondela un décimo do quinto premio, o 22259

RR_Noticias

Un pequeno petisco caeu en Redondela, concretamente un décimo do número 22259 agraciado con 6.000 euros e que foi vendido no quiosco Cocó, na praza da Constitución. Un número que se despachou por máquina e cuxo titular se descoñece. Un quinto premio moi repartido que tamén se vendeu en Vigo, Bueu, Cambados, Porriño, Guntín, Santiago e As Pontes de García Rodríguez. O primeiro premio, vendido integramente no barrio Acacias de Madrid, recaeu no número 66513.

O Gordo de Nadal, que reparte 4 millóns de euros, vendeuse exclusivamente nunha administración madrileña e dábase a coñecer pouco antes das doce do mediodía.
Un primeiro premio que non deixaba nada en Galicia que si foi agraciada co segundo, o 4536, que foi vendido en Ponteareas, Moaña e Moraña e que deixa na nosa comunidade 2,3 millóns de euros. Un premio moi repartido porque se vendeu tamén en dúas localidades de Ourense, Santiago, Escairón, Lugo, Boqueixón, Coristanco, A Pontenova, Neda e Mazaricos. Os agraciados recibirán 125.000 euros a décimo.
O terceiro premio, 78748, quedou en Navarra e os dous cuartos desta Lotería foron para os números 59444 e 07211.
Habería que esperar ao quinto premio para que a sorte lle sorrise ao noso concello. Con todo, un único décimo vendido por máquina do número 22259 que foi vendido no quiosco Cocó e que premia ao seu titular con 6.000 euros.

 

 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará