Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais e nais do Colexio Igrexa solicitan que se axiliden os trámites de construción do novo centro

RR_Noticias

O alumnado deste centro educativo está acostumado a convivir coa autoestrada, pero non se resignan a que o traslado se prolongue “sine die”. Pasou máis dun ano dende que Audasa firmase a cesión ao Concello da Finca da Ginaria, onde está previsto construír o novo centro escolar, pero polo de agora as obras non comezaron a espera de que a Consellería de Educación dea o seu beneplácito a esta actuación. Por ese motivo a ANPA vai poñer en marcha unha recollida de sinaturas e solicita unha reunión co Conselleiro para que se axilicen as xestións pendentes.

Está previsto que o novo colexio estea en funcionamento no 2019 pero polo de agora as obras non comezaron, pendentes aínda de que se resolvan os trámites burocráticos que permitan recalificar os terreos da coñecida como Finca da Ginaria. A lentitude das xestións levou xa a algúns pais e nais a poñer en marcha unha campaña denuncia semanas atrás consistente na colocación de carteis nos que denunciaban a situación. Agora a ANPA anuncia a posta en marcha dunha recollida de sinaturas para reclamar o inicio dos traballos. Solicitan tamén unha reunión co responsable de educación, Román Rodríguez para que este departamento dea o visto bo a obra. Respecto do muro de formigón que Audasa ten comprometido para separar a autoestrada do actual colexio, a ANPA lembran que foi unha demanda que partiu da propia asociación de pais e nais e insisten en que non permitirán que se abra o novo carril antes de que o muro estea construído “o primeiro é garantir a seguridade do alumnado”.  

Beatriz Sousa ANPA Colexio Igrexa
Reclaman maior dceleridade nos trámites
Garantir a seguridade
Non permitirán abrir o terceiro carril antes de que estea contruído o muro que separe o colexio da AP-9

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará