Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Interior recomenda prudencia para evitar aos carteiristas na feira de mañá

RR_Noticias

O edil Arturo González lembra que na pasada feira do día 6 de decembro malia o incremento de presenza policial foron 16 as persoas que presentaron denuncia tras serlles subtraída a carteira. Os ladróns efectuaron estes roubos nun curto período de tempo, entre as 12 as 13:30 horas e non se descarta que volvan actuar mañá, data na que se espera unha nova feira multitudinaria pola proximidade das celebracións do Nadal.

En hora e media estes profesionais do roubos fixéronse aló menos con 16 carteiras. Poderían ser incluso máis os afectados pola acción dos carteiristas xa que hai veciños que non chegan a presentar denuncia. Dende o Concello lembran que malia o incremento de vixilancia os delincuentes son auténticos profesionais e actúan amparados pola multitude que se aglomera no mercadiño. Por ese motivo aconséllase seguir unha serie de recomendacións básicas como levar a mochila e o bolso sempre na parte dianteira, ben pegado ao corpo e pechado con cremalleiras. Tamén levar enriba o imprescindible e evitando grandes cantidades de cartos en efectivo. Por suposto, non gardar carteiras, móbiles e outros obxectos de valor nos petos traseiros dos pantalóns e procurar facelo en petos internos das cazadoras. Finalmente recomendase permanecer atento a todos o que pasa ao noso arredor e alerta no caso de ver algún comportamento sospeitoso O obxectivo é que a de mañá sexa unha agradable xornada de compras na que non teñamos que lamentar ningún roubo.  

Arturo González edil de interior
Ser prudente antes os profesionais do roubo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará