Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de As Maimiñas e obradoiro de Cantos de Nadal para público familiar no Multiúsos

RR_Noticias

O servizo de Normalización Lingúística organiza dúas actividades dentro da programación de Nadal orientada a público infantil. A primeira proposta será un concerto a cargo do grupo As Maimiñas que se vai desenvolver o luns 26 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O martes 27 quenda para o obradoiro de Cantos de Nadal a cargo de Uxía Senlle e Santi Cribeiro. Unha actividade de balde pero que precisa de entrada que haberá que retirar no propio día na conserxería do Multiúsos.

“Unha viaxe polo mundo” é o título deste espectáculo en galego do grupo As Maimiñas, unha aventura musical dirixida, principalmente, a nenas e nenos de 0 a 10 anos e as súas familias, na que durante máis dunha hora, cantarán, bailarán e gozarán dun divertido espectáculo musical. Unha actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e enmarcada dentro da programación de Nadal. Os temas incluídos neste traballo discográfico forman parte do libro-disco do mesmo nome publicado por Galaxia na colección Sonárbore. O espectáculo será o luns 26 de decembro, ás 19:00 h, no auditorio da Xunqueira, con entradas á venda dende o xoves 22 no propio espazo, cun prezo de 3 € para público infantil e 5 € para público adulto. Xa o martes, a cantante Uxía e o acordeonista Santi Cribeiro desenvolven un obradoiro da Rede de Dinamización Lingüística orientado a familias con nenos de 4 e máis anos, ás que se lles pedirá que axuden a contar un conto musical de Nadal unindo as súas voces ás dos dous músicos e acompañándoas con instrumentos de percusión que lles serán entregados para a ocasión. Deste xeito, irán coñecendo panxoliñas, xaneiras, cantares de reis e aguinaldos que poderán repetir nas súas casas durante as festas, para celebraren en galego estas datas tan especiais.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Concerto de As Maimiñas
Cantos de Nadal
Unha actividade para nenos de máis de 4 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará