Hoxe é Mércores 8 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. vence ao líder

RR_Noticias

Boa xornada para os equipos locais que militan na Autonómica sur con dúas vitorias, a cargo do Redondela que se medía co líder do grupo, o equipo de As Neves e o Arealonga que vencía por 6-3 ao Beade. Tampouco lle foron mal as cousas ao Campito que visitaba o campo do segundo o Lume Corbatas, e lograba un empate a 5 tantos. Bo sabor de boca para despedir o ano, xa que a competición oficial non regresará ata o 7 de xaneiro.

Boa entrada de espectadores no Pavillón da marisma para asistir ao partido que enfrontaba ao Redondela co líder da categoría. Despois da derrota da pasada semana os tres puntos eran moi necesarios para non  baixar da metade da táboa e o Redondela non defraudou malia comezar perdendo. Pouco a pouco irían chegando as ocasións e lograron chegar ao descanso cun empate a un tantos. Mellor lle foron as cousas n a segunda parte ata chegar ao final co resultado de 3-2 no marcador. Uns puntos que manteñen aos de Redondela na novena praza do grupo. O primeiro partido despois do parón de Nadal levará ao equipo ao campo do Abetos.
Vitoria tamén para o Arealonga que se fixo co encontro disputado en Chapela ante o Beade. 6-3 foi o resultado dun encontro que os mantén na decimo terceira praza da categoría e que na próxima xornada vainos levar ao campo dun rival directo, o Valladares, equipo que ocupa a decimo primeira praza.
Tampouco lle foi mal ao Campito. Reparto de punto na súa visita ao campo do Lume Corbatas nun encontro que rematou co resultado de 5-5. Retomarán a competición con outro duro rival, xa que o a 7 de xaneiro recibirán ao Verín, un dos equipos da parte alta da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará