Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un muro separará o colexio Igrexa da AP-9 para garantir a seguridade en caso de accidentes

RR_Noticias

Audasa construirá este muro antes de que se abra o novo carril da autoestrada. Un compromiso que o alcalde Javier Bas lles trasladou aos membros da asociación de afectados da AP-9 no transcurso dunha reunión celebrada hoxe previa a asemblea informativa que convocan esta tarde ás 19:30 horas no Multiúsos do Piñeiral. Os veciños lamentan que non se axilice a construción do novo colexio e critican a actitude de Correos “xa que a súa negativa a trasladarse de local está a complicar o proxecto de ampliación da Estrada do Torreiro que pasa por derrubar o edificio que actualmente ocupa a oficina de correos”.

A proximidade da autoestrada ao colexio Igrexa en Chapela obriga a trasladar este centro educativo a un novo emprazamento. Con todo, o prazo de construción do novo colexio -que se trasladará á coñecida como Finca da Ginaria- está previsto para o 2019 mentres que a apertura do novo carril da autoestrada será unha realidade no prazo dun ano. Garantir a seguridade do alumnado é un prioridade para a Asociación de Afectados pola AP-9. Por ese motivo recibiron con satisfacción o compromiso de Audasa de construír un muro que protexa as instalacións do centro do posible impacto de calquera vehículo que sufra un accidente nesta vía. Este foi un dos asuntos abordados na reunión que na maña de hoxe mantiveron co alcalde e na que se falou tamén do proxecto de ampliación da Estrada do Torreiro, proxecto estancado á espera de que Correos acceda a trasladar a súa oficina a outro inmoble. Dende a Asociación, Jesús Vázquez lamenta a actitude que están a ter os responsables de Correos nesta negociación “nós non queremos que pechen a oficina porque é un servizo moi empregado polos veciños de Chapela e que cremos resulta rentable para a empresa, por iso non entendemos porque rexeitan os locais que se lle levan ofrecido para instalar unha nova oficina”. Unha información que esta tarde analizarán nunha asemblea no Multiúsos do Piñeiral á que está chamados todos os afectados a partir das 19:30 horas.  

Jesús Vázquez Afectados AP-9
Audasa comprometeuse a construir este muro antes de abrir o novo carril
Traslado de Correos
A ampliación da estrada do TOrreiro está pendente do derrube do edificio que ocupa COrreos
Faltan solucións
Os afectados critican a falta de medidas e prazos concretos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará