Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a existencia dun vertedoiro ilegal na antiga estrada de San Martiño

RR_Noticias

Os socialistas critican a falta de prevención e mantemento dos terreos públicos municipais por parte do PP e lamentan que non se faga nada para atallar e eliminar un vertedoiro situado no barrio do Coto preto da rotonda que vai dar a antiga estrada de San Martiño no que se acumulan cascallos de obra, cristais, poliuretano, mobles e electrodomésticos.

A voceira socialista Anabel Rey asegura que “non é un caso illado xa que en pleno verán, os camiños públicos da nosa vila carecían de limpeza e estaban en moi malas condicións, así como existían metros de maleza nun terreo público como é o da área recreativa da Moucheira ou o uso de materiais non adecuados, cascallos doutras obras, para a realización do paseo do Maceiras” e engade que “existe unha clara deixadez do PP que está constituíndo un grave problema de seguridade”.
Critican tamén que a campaña anunciada polo goberno local para concienciar aos veciños e veciñas da obrigación de manter as súas leiras particulares limpas de maleza “chegue tarde, mal e arrastro xa que a iniciativa xurde ocasionada polos incendios do pasado verán, as queixas da veciñanza e grazas a unha moción presentada polos representantes da veciñanza do Consello Forestal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará