Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atracan a punta de pistola a oficina de correos e fanse cun botín de 12.000 euros

RR_Noticias

Dous individuos entraron na oficina de correos de Chapela, situada nas inmediacións do Instituto da parroquia e fixéronse cun botín de 12.000 euros. Os feitos, que están sendo investigados pola Policía Nacional, tiveron lugar o venres da pasada semana pero non transcenderon ata o de agora.

Pasaban das dúas da tarde do pasado día 9 cando dúas persoas entraron na oficina de correos de Chapela, un deles ocultando o seu rostro cun casco de moto. Unha vez dentro sacaron unha pistola coa que ameazaron á empregada e máis ao director da oficina, esixíndolles que lles entregaran os cartos da caixa. Fixéronse así cun botín de 12.000 euros e fuxiron do lugar. Unha semana despois descoñécese quen foron os autores do atraco aínda que o suceso foi xa denunciado e está sendo investigado pola Policía Nacional. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará