Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller interxeracional de cociña “Coas mans nos pucheiros” en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do programa “Tecendo Lazos”, organiza un curso de cociña interxeracional no que pode participar toda a familia. O taller terá lugar na Casa Cultural de Amoedo cunha duración de 16 horas repartidas en catro días, do 27 ao 30 de decembro.

O obxectivo fundamental deste curso é organizar unha actividade que favoreza as relacións entre persoas de diferentes xeracións de xeito que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade fomentando así o envellecemento activo dos nosos maiores e a empatía da mocidade cara ao resto de xeracións.
A formalización da inscrición realizarase nas oficinas da OMIX na Casa do Concello xa que as prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada no rexistro municipal. Todos os interesados en recibir información poden facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará