Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Último día para se inscribir no programa de conciliación Nadal con Simona

RR_Noticias

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos no programa municipal de conciliación de Nadal que se vai desenvolver entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro deberán inscribirse como data límite, hoxe luns día 12 de decembro no rexistro do concello.  En total convócanse 165 prazas en dez parroquias.

O programa desenvolverase nos centros culturais de Cabeiro, Cedeira, Ventosela, San Esteban de Negros, no Chan das Pipas de Saxamonde e no centro cultural da Teixeira do Viso. Tamén se poden inscribir no Círculo Cultural de Cesantes, na sociedade labrego Cultural de Reboreda e nos Multiúsos tanto do Piñeiral de Chapela como no de Redondela. En total son dez as parroquias que acollerán estes obradoiros que se impartirán entre o 26 e o 30 de decembro e do luns 2 de xaneiro ao día catro en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todos aqueles nenos que teñan entre 4 e 14 anos de idade.
Unha actividade convocada dende a Concellería de Muller e Igualdade completamente de balde e que busca dar solución ao problema da conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións de Nadal dos rapaces.
Os interesados poden descargar a ficha de inscrición na páxina web do Concello (www.redondela.gal), instancia que deben entregar no rexistro do Concello antes luns 12 de decembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará