Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Goleada para saír do pozo

RR_Noticias

O Choco impúxose ao Silva en Santa Mariña cun marcador de 5-3 nun encontro emocionante. Na primeira media hora os redondeláns dispuñan dunha marxe de 3-0, pero o rival chegou a recortar distancias ata o 3-2, o que devolveu os nervios aos afeccionados. Finalmente o triunfo déixaos fóra dos postos de descenso.

Terceira División
Choco 5-3 Silva
Na primeira media hora o Choco anotou tres goles, e recuperou a imaxe de equipo solvente e ofensivo da pasada temporada. Comis resolveu un balón na área ao cuarto de hora de partido, Rober enviou un disparo ó fondo da rede dende a frontal e Alberto Varela provocou un gol en propia porta do gardameta rival. Pero aínda faltaba moito partido. Brais recortou distancias para o Silva antes do descanso, e tan só cinco minutos despois do paso por vestiarios David García facía o 3-2. E regresaron os nervios a Santa Mariña cando o Choco errou unha pena máxima. Con todo, non chegou o emapte, senón que os de Marcos Montes ampliaron a vantaxe con goles de Óscar Pérez e Silva. Unha vitoria que serve ao Choco para saír da zona de descenso e respirar máis tranquilos de cara á próxima xornada. Xogarán no Barco, co rival situado na metade da táboa.
Innovadora equipación
O ano de fundación, os viadutos e os chocos son os elemenos introducidos na nova equipaxe do equipo, presentada na sede de ICON. O presidente do Choco, Iván Crespo, indicou que a nova equipación recolle “símbolos de Redondela”, e con ela queren reflectir ao municipio “e levar a Redondela e os seus elementos a todos os lugares aos que viaxa o C.D. Choco”.
Segunda Autonómica

Nieto 1-3 Choco B
A vitoria permítelle manterse nas posicións na cabeza da táboa, son terceiros empatados co segundo, o Vilariño, malia que afastados do líder, o Santa Mariña, que os adianta en 5 puntos. A próxima xornada dispútase o Choco-Caldelas, co rival na metade baixa da táboa.
Marín 1-1 Arcade
Reparto de puntos para os de Soutomaior, que seguen na metade baixa da táboa, e o domingo reciben ao Cruceiro, que non quere descolgarse dos postos de cabeza. O domingo reciben ao Bamio, co que están moi igualados
Terceira Autonómica

Moledo 2-2 Chapela
O Chapela conseguiu arrancar un punto da súa visita ao campo do Moledo, logo de ir por detrás no marcador 2-0. Os redondeláns sitúanse na segunda praza, empatados co Teis, e a tres puntos do líder. Nesta situación celebra no derbi a próxima xornada ante o Peña Beretes, que chega afundido no pozo da táboa.
Peña Beretes 1-2 Balaídos
O Peña Beretes segue como pechacancelas logo da derrota ante o Balaídos.
At. Vilar 0-1 Nespereira
Os de Vilar, afundidos na metade baixa da táboa, perderon pola mínima ante o Nespereira, que se impuxo cun gol de Taran. Na próxima xornada viaxan a Vigo para xogar no campo do Balaídos.
Cesantes tivo xornada de descanso, o próximo encontro será importante para os redondeláns. Terceiros do grupo e empatados a puntos co segundo, xogan na casa do líder, o Salcedo, que está a tan só dous puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará