Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela Rodosa faise coa terciera praza e a SAR Plastic Omnium cae a postos de perigo

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira fixéronse coa vitoria no partido da xornada nun encontro no que foron superiores ao Acanor Novás. A SAR non puido co Embutidos Lalinense e baixa posicións. Na Honra Prata feminina o Rodavigo perde o liderado ante o Ansa Oviedo e o Rodosa Chapela segue no pozo ao ser superadas polo Seis do Nadal.

Primeira Nacional
At. Novás 23-24 Rodosa Chapela
Os homes de Fran Teixeira foron os que marcaron o ritmo do marcador practicamente en todo momento, malia que a súa renda nunca superou os tres goles. A igualdade mantívose até os últimos minutos, e finalmente a vitoria caeu do lado do Chapela, que se posiciona terceiro na táboa. Na próxima xornada reciben ao Porriño, que tamén pelexa por engancharse aos postos de cabeza.
Embutidos Lalinense 29-24 SAR Plastic Omnium
Os de Lalín, segundos na táboa, foron superiores ao conxunto redondelán, que se achega a posicións perigosas na táboa. Outro dos equipos en apuros, o Octavio, será o seu próximo rival. Os vigueses chegarán a Redondela sumando un punto máis que os de Carlos Rey como rivais directos pola permanencia.
Honra Prata Feminino

SAR Rodavigo 32-36 Ansa Oviedo
Unha mala primeira parte condenou ás de “Chini”. Non comezaron centradas as redondelás, situación que aproveitou o Ansa Oviedo aproveitouno para chegar ao descanso cunha vantaxe de oito goles (12-20). O Rodavigo conseguiu recortar distancias, pero non houbo xa tempo para a igualada. A SAR perde o liderado, que agora ostenta o Xixón, o seu próximo rival, cos mesmos puntos que o Oviedo.
Seis do Nadal 30-28 Rodosa Chapela
Ao descanso o Seis do Nadal Coia gañaba de dous, pero ao comezo do segundo tempo o Rodosa foi capaz de darlle a volta ao partido (19-21). Con todo, as de Lupo non foron quen de manter a renda, e a falta de 8 minutos un gol de Prelchi volveu pór ao Seis do Nadal por diante. E o Rodosa segue penúltimo na clasificación. A próxima xornada reciben ao Morro Jable, da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará