Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Bergantiños frea a racha positiva do Choco

RR_Noticias

Os redondeláns perderon pola mínima no campo coruñés, nun encontro que estivo condicionado en boa parte pola lesión de Molinos. Os de Marcos Montes volven aos postos de descenso, e o domingo reciben en Santa Mariña ao Silva.
 

Terceira División

Bergantiños 1-0 Choco
O equipo de Carballo tivo máis opcións que o Choco, que pagou cara a lesión de Molinos, que tivo que ser substituído aos sete minutos de xogo. Con todo, ata a metade da primeira parte, a igualdade foi a tónica no terreo de xogo. Pero pasados os minutos o Bergantiños empezou a crear máis perigo, e a dominar o partido. Jorge Sáez, cun disparo alto, e Nacho, de cabeza, iniciaron o asedio á portería redondelá, aínda que sen puntería. Tamén no minuto 38 Óscar tivo na súas botas a opción de adiantar ao Choco. Plantouse só ante Christopher tras un balón roubado por Alberto Suárez a Roberto Piñeiro, pero o porteiro despexou o lanzamento. Na xogada posterior Piñeiro tivo outra ocasiónclara cun tiro que se desviou por pouco. E dous minutos despois chegou o que sería o único gol do partido. Iago Blanco controlou un pase de Granada e superou a Cortegoso. A segunda metade foi tamén de dominio local, o Bergantiños dispuxo de media ducia de ocasións para sentenciar, máis sen acerto. O Choco xa non tivo opcións de igualar o marcador. A derrota rompe a serie de tres xornadas puntuando dos de Marcos Montes, que volve verse en posicións de descenso con 16 puntos. O domingo recibirán en Santa Mariña ao Silva, da metade da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará