Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identifican ao presunto autor dos danos na pasarela de Monte Penide

RR_Noticias

As madeiras que foran retiradas na mañá do domingo, provocando importantes danos na pasarela de acceso aos petróglifos de Chan da Cruz, foron localizadas nun almacén nas proximidades do campo de fútbol de Trasmañó. O presunto autor dos danos, que foi localizado “in fraganti” despois de esnaquizar máis pasarela e parte do valado, padece unha discapacidade intelectual. O arqueólogo Xurxo Constela confía en que os danos estean reparados para a celebración este venres da VI andaina Monte Penide Prehistórico.

Tan só tres días estivo en pé a pasarela de madeira construída pola empresa Citania Arqueoloxía S.L. no Monte Penide co obxecto de que os visitantes puideran visitar os restos arqueolóxicos na zona de Chan de Cruz sen necesidade de camiñar sobre os gravados.
 A actuación busca a posta en valor dos xacementos, a súa mellor accesibilidade e, sobre todo, evitar que os visitantes camiñen sobre os gravados e que as motos e bicis se despracen por enriba dos mesmos, unha das causas principais do deterioro deste conxunto.
O arqueólogo Xurxo Constela explica que a desfeita afecta tan só a un tramo de catro metros e confía en que os danos estarán reparados o venres, data na que se celebra a VI edición da andaina nocturna a estes petróglifos e que permitirá coñecer os novos gravados atopados no transcursos da obra. Son en total sete novos motivos moi desgastados que difíciles de distinguir e que se aprecian moito mellor durante a noite.
Un motivo máis para achegarse a esta actividade que organiza o Centro Cultural San Vicente de Trasmañó, a Asociación Cultural Alén Nós, a Asociación Deportivo Cultural de Rande, e a empresa A Citania.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará