Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Déixate seducir polo cabaré

RR_Noticias

A Compañía Nelson Quinteiro trae a Redondela Burlesque Night Show. Un espectáculo “en permanente cambio” que este sábado se poderá ver en dous pases no Auditorio da Xunqueira, ás 21:00 e as 23:00 horas. As entradas, a un prezo de 6 euros, poñeranse a venda no propio día do espectáculo na entrada do Multiúsos.

Animado polo éxito do Festival Galego de Cabaré que se celebrou en Redondela no pasado mes de agosto, a compañía de Nelson Quinteio regresa a Redondela para envolver ao público nun ambiente de “libertade, sensualidade e provocación”. Un espectáculo de cabaré puro e duro que se converte nunha auténtica experiencia para o espectador que goza dunha atmosfera evocadora que invade os cinco sentidos “unha experiencia sensorial na que entran en xogo o oído, o olfato, a vista, o gusto e tamén o tacto” e cunha elevada carga erótica, o que o converten nunha proposta para público adulto. Un público que será recibido na sala con chocolate e perfume e unha vez sentado na butaca asistirá a un espectáculo clásico onde os elementos principais serán a capacidade do elenco de actrices e actores para trasladarnos a eses “tempos inalcanzables do corsé e a picaresca” e onde toma relevancia a maquillaxe e o vestiario.  

Nelson Quinteiro director da compañía
Un espectáculo para todos os sentidos
Un musicla con elevada carga erótica
Dous pases o sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará