Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos promove o reparto de xoguetes e alimentos

RR_Noticias

O concello de Pazos de Borbén, a través do seu departamento de Servizos sociais, ten en marcha dúas iniciativas solidarias que buscan atender ás familias máis necesitadas do municipio coa doazón de xoguetes e alimentos. Para lograr este obxectivo puxeron en marcha: un banco de xoguetes e unha xornada deportiva que se desenvolverá o vindeiro xoves día 8 coa participación dos clubs de Fútbol sala de Pazos e Redondela.

Dúas iniciativas que chaman a colaboración dos cidadáns e que están a ser xestionadas directamente dende os servizos sociais do concello porque segundo explica o alcalde, Andrés Iglesias “é este departamento o que mellor coñece a realidade social e as necesidades dos veciños”. Así, en colaboración co colexio Curros Enriquez e as doazóns particulares teñen xa un banco de xoguetes que persegue que “ningún neno quede sen agasallos este Nadal”. Pero non é a única iniciativa en marcha xa que o vindeiro día 8 de decembro, coincidindo co xoves festivo, celebran unha xornada deportiva na que participan os clubs de Fútbol Sala de Pazos e Redondela. Os seus equipos enfrontaranse nun partido que se desenvolverá no pavillón municipal e na que se convida aos afeccionados a achegarse pagando como entrada simbólica “un kilo de alimentos”.  

Andrés Iglesias Alcalde de Pazos
Iniciativas solidarias xestionadas dende servizos sociais
Partido solidario
Os equipos de futbol sala de Pazos e Redondela xogarán un partido solicario o día 8

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará