Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE entende que houbo “neglixencia por parte do PP” na tramitación do contrato de limpeza

RR_Noticias

A adxudicación do contrato de limpeza dos edificios municipais á empresa Valoriza por un periodo de catro anos e por máis de catro millóns de euros fíxose “a última hora e con nocturnidade e alevosía” ao entender dos socialistas. Critican que o grupo de goberno presentara á oposición os informes en relación a cada unha das empresas presentadas o luns e dous días despois convocara o pleno sen tempo para estudar a documentación. Aseguran ademais que a empresa que se fixo coa adxudicación non presenta unha oferta real “ao non establecer unha contía por espazo nin unha estimación axeitada” sobre o que realmente custa limpar cada espazo en base as súas dimensións e o seu uso.

Neste sentido apuntan que no contrato aprobado tan só co voto do PP non se establece un custe fixo de limpeza, tendo en conta os metros cadrados como a utilidade dos edificios. Por exemplo, a limpeza dos mercados de abastos custa exactamente o mesmo, 869,62€ cando o Mercado de Chapela ten 175m2 e o de Redondela 1612m2. O Local de Ensaio Avenida Mendiño custaría 1.889,26€ cando tan só posúe 86,68m2 e pagaríase a mesma contía (9.565,87€) por edificios tan diversos como o Almacén Municipal de Vías e Obras), o Pavillón Marisma, Pavillón Porto Cabeiro e baños e vestiarios dos pavillóns de Chapela e Redondela.
O edil socialista Eduardo Reguera declara “non estamos de acordo cunha oferta económica que non posúe uns criterios fixos por metros cadrados e diferentes utilidades dos edificios. Todo isto, amosa un custe para o concello que non se corresponde coa realidade e non reflicte a marxe de beneficio que gaña unha empresa privada cun contrato de máis de 4 millóns de euros” e cualifica a actitude do alcalde “de temeraria xa que convocou a aprobación dun contrato tan importante cunha marxe de dous días para a súa análise en relación aos informes técnicos que pedían aclaracións. Claramente “Javier Bas buscaba responsabilizar á oposición da súa neglixente xestión” conclúe o edil socialista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará