Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición denuncia que o goberno local de Pazos pague dous pases de tribuna para o Celta

RR_Noticias

A agrupación de electores Alternativa Veciñal asegura que estes pases “por valor de máis de mil euros” e con destino á bancada máis cara de Balaídos, serviron para que durante anos “persoas privilexiadas e próximas ao goberno do PP estiveran acudindo ao fútbol cos cartos dos veciños”.

A Agrupación de electores explica que na súa labor de fiscalización das contas veciñais constataron que nos últimos anos víñanse realizando pagos anuais ao Celta de Vigo por valor de máis de mil euros. A explicación do alcalde, Andrés Iglesias é que “eses abonos fixéranse para axudar ao Celta e que estaban a disposición de quen os quixera usar”. Sen embargo a oposición asegura que a compra deses pases levouse a cabo coa máis absoluta opacidade e que tan só algunhas persoas privilexiadas a próximas ao PP se beneficiaron dos mesmos, “acudindo ao fútbol durante anos e sentando na bancada máis cara de todas co diñeiros dos veciños de Pazos”.
A agrupación demanda o cese inmediato deste gasto e non descartan “solicitar a devolución do diñeiro do que se levan aproveitando todos estes anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará