Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría esixe a retirada do pivote que impide aos mariñeiros aparcar no peirao de Cesantes

RR_Noticias

O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, púxose en contacto na mañá de hoxe co patrón maior da confraría, Clemente Bastos co obxecto de buscar unha solución a unha medida que segundo denuncian os mariñeiros obrígalles a “se desprazar máis de 500 metros coa mercancía ao lombo”. Bastos insiste en que malia tratarse dunha medida que afecta a todos as instalacións portuarias da comunidade, as peculiaridades do peirao de Cesantes xustifican unha excepción.

Refírese o Patrón a falta de calado deste peirao, xa que coa marea baixa os mariñeiros vense obrigados a deixar os barcos na parte máis externa do embarcadoiro. Ata o de agora deixaban os coches aparcados no peirao e cando regresaban do mar só tiñan que salvar unha pequena distancia para trasladar as capturas ao vehículo. A colocación do pivote por parte de Portos de Galicia e a prohibición de aparcar obriga aos mariñeiros a deixar o vehí1culo a uns 500 metros da zona de atraque, tendo que percorrer esa distancia cargados para deixar a mercancía na lonxa. A petición da confraría pasa por permitir o acceso de vehículo e o aparcamento no peirao nos días laborables e que se peche na fin de semana. Confía en ter unha resposta positiva as súas demandas “entre hoxe e mañá”. No caso contrario non descartan mobilizacións “porque os mariñeiros non entenden que se lles poña máis atrancos dende a administración”.  

Clemente Bastos patrón maior
Explica o problema que causa aos mariñeiros a instalación do pivote
Solución
Permitir aparcar en días laborables
Prazo a Portos
Confían en que en dous días Portos de Galicia atenda a súa petición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará