Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE pide que se renove o firme da beirarrúa da Subida a Estación

RR_Noticias

Explican os socialistas que a rúa Subida a Estación, situada fronte a un lateral do concello, é un vial moi transitado tanto por peóns como por vehículos. Con todo, serían moitos os veciños que xa denunciaron o estado do pavimento da beirarrúa “moi escorregadizo debido ao seu desgaste e que está a provocar moitas caídas entre os transeúntes”. Por este motivo o PSOE esixe que se renove o firme para garantir a seguridade dos seus usuarios.

Aseguran que dende hai meses os veciños veñen trasladando esta situación ao goberno tanto por rexistro como verbalmente. Engade o PSOE que houbo tamén reclamacións recibidas por danos ao Concello. Unha situación de risco que está a provocar que moitos veciños usen a estrada en lugar da beirarrúa, co cal estase a aumentar o risco de atropelo.
O concelleiro socialista Eduardo Reguera afirma que “é unha situación moi perigosa, xa caeron varios peóns, afortunadamente sen consecuencias graves” e engade “o Goberno Municipal ten que solucionar este problema que coñece dende hai moito tempo, non podemos esperar a que haxa consecuencias que logo lamentemos, cando a solución é necesaria e sinxela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará