Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O certame de poesía Manuel Lueiro Rey conclúe o martes 15

RR_Noticias

A V edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, que organiza o Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños o Cruceiro da Laxe, mantén até o próximo día 15 o prazo de presentación dos traballos. Unha das novidades desta quinta edición é o cambio de datas, tanto da convocatoria como do fallo do xurado, que se dará a coñecer na primeira quincena de xaneiro. O premio está dotado con 2.500 euros e as bases poden consultarse na web do Concello de Fornelos: www.fornelos.com.

Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo:
V premio de poesía Manuel Lueiro Rey
Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de montes (Pontevedra)
Ademais da contía económica o premio inclúe a publicación da obras gañadora en Edicións Xerais.
Nas catro anteriores edicións resultaron premiados novos valores da poesía galega como Silvia Penas (2013), Eli Ríos (2014), Luís Valle (2015) e Marcos Abalde (2016).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará