Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro infantil e de adultos no Multiúsos coas compañías Misturart Teatro e Sarabela Teatro

RR_Noticias

A compañía de teatro afeccionado MisturArt Teatro presenta a obra “Armouse o tole tole” dirixida por Chusa Couñago este sábado 5 de novembro no Auditorio da Xunqueira, ás 20:00 horas. O domingo as seis Sarabela Teatro presenta a obra “O secuestro da bibliotecaria” dirixida a público familiar a partir de 6 anos.

A proposta de Misturart teatro conta unha historia moi coñecida que pertence ao libro máis lido, a Biblia, aínda que cunha interpretación moito máis canalla e cun humor próximo ao clown e a uns personaxes superados polas circunstancias cos que é fácil identificarse. Vai destinada a público adulto e a entrada é de balde (ata completar aforamento) que se poderán recoller no Multiúsos dende hoxe venres. Xa o domingo Sarabela Teatro presenta “O secuestro da bibliotecaria”. Unha obra dirixida a público familiar a partir dos seis anos que xira en torno ás deliberación do Consello Municipal, reunido para determinar se o pago do rescate da bibliotecaria debería figurar como gasto de persoal ou  como un gasto do fondo de Cultura… Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica aínda máis as cousas. O inxenio e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores. Baixo a dirección de Fina Calleja e baseada no conto de Margaret Mahy, os actores protagonistas son Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez. Está recomendada para nenos maiores de 6 anos e as entradas son de 5 € (normal) e 3 € (reducida).  

Chusa Couñago directora MIsturart Teatro
Unha compañía con moita actividade sobre o escenario
Armouse o tole tole
Unha adaptación humorística dun capítulo da biblia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará