Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A danza faise un oco en Redondela

RR_Noticias

Moitos nervios os vividos hoxe no Centro Recreativo ao que se desprazou unha profesora da Royal Academy of Dance para avaliar ao alumnado da Escola de Danza de Deborah Alfaya que poderán así acceder a unha titulación oficial. Unha disciplina que cada vez conta con máis adeptos no noso concello, sendo máis de 50 as alumnas que asisten ás clases en Redondela. A asignatura pendente: atraer a un maior número de nenos, xa que na actualidade son tan só 3 os que a practican.

Profesoras e alumnas coinciden á hora de valorar o ballet: unha actividade moi esixente, que require moita disciplina pero que tamén resulta divertida para quen a practica. Incluso en idades tan temperás como os seis ou sete anos que é cando as alumnas comezan xa a realizar exercicios máis técnicos e que precisan de maior adestramento. Lola Barrio e Celia Barreiro son dúas das alumnas que hoxe se examinaban e quen con tan só 12 anos aspiran a ser bailarinas profesionais, malia recoñecer que “é moi duro e require moito esforzo”.  

Lola Barrio e Celia Barreiro
Dúas mozas que aspiran a ser bailarinas profesionais
Unha disciplina moi esixente
Así o explica a mestra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará