Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto “O libro ilustrado, imaxes que contan” da Biblioteca recibe o premio María Moliner

RR_Noticias

A Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela recibiu un dos  premios María Moliner que outorga o Ministerio de Cultura entre os mellores proxectos de animación lectora en municipios de menos de 50.000 habitantes de todo o país. O galardón consiste nun lote de 150 libros, fundamentalmente  de literatura infantil e xuvenil.

Os  proxectos  premiados foron elixidos entre os 605 presentados á edición deste ano, dos cales, a Comisión de Valoración seleccionou os mellores programas de promoción da lectura, cuxas bibliotecas recibirán en forma de premio un lote de 150  títulos financiado por Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A hora de conceder estes premios valórase a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta.  “O libro ilustrado, imaxes que contan”,  unha actividade que aglutina distintas exposicións bibliográficas, de carácter bimestral, ao longo de todo o 2016, no Múltiusos da Xunqueira,  foi a proposta presentada pola biblioteca municipal.  Con esta iniciativa tentábase promover o hábito da lectura a través dos libros ilustrados, fomentar o sentido estético,  incidir na relevancia que lles corresponde aos ilustradores no mundo da arte e no libro como obxecto de beleza e de exposición. Con estes escaparates bibliográficos pretendeuse, ademais, gañar para a cultura uns espazos pequenos e, aparentemente, inservibles que, por mor desta actividade, convertéronse en puntos culturalmente dinámicos.  “O libro ilustrado, imaxes que contan” comezou en xaneiro de 2016 coa figura de Maurice Sendak e  pecharase a mediados de xaneiro de 2017 co artista británico Arthur Rackham. Peche Biblioteca Chapela A axencia de lectura de Chapela permanecerá pechada ao público do 7 ao 11 de novembro para corrixir os problemas causados por un desaxuste no programa informático. Malia que non haberá posibilidade de acceder en préstamo aos libros da biblioteca durante esa semana habilitarase un aula de lectura en horario de 16:30 a 21:00 h.  

Mª Elena Becerra responsable da biblioteca
Fálanos do proxecto premiado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará