Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda o levantamento das barreiras da peaxe en Rande cando se produzan retencións

RR_Noticias

Na tarde do xoves volveron producirse retencións quilométricas na Ponte de Rande, en sentido O Morrazo, chegando incluso ata o centro de Chapela. Retencións que afectaron tamén os condutores que saían cara Redondela e que tiveron que pagar a mesma peaxe. Ante esta situación dende o BNG esixen o levantamento das barreiras da peaxe “a concesionaria está obrigada a actuar dese xeito e non cobrar aos condutores por un servizo que non se lles presta”.

Para a organización nacionalista a negativa da empresa a levantar a peaxe “é un claro exemplo de que o único que busca a concesionaria é recadar e aumentar os seus ingresos; para nada dar un servizo supostamente público”. Responsabilizan a Fomento “por mirar para outro lado pregándose aos intereses de Audasa”.
Inciden no feito de que Redondela é o concello máis afectado polas obras de ampliación  namentres que os nosos veciños e veciñas vénse obrigados a pagar obrigatoriamente escrupulosamente.
Recordan dende a organización nacionalista, que “seguimos apostando pola gratuidade de Rande. Os veciños de Redondela son os únicos que seguen a pagar unha elevada peaxe tanto para ir a Vigo como á zona de Puxeiros, situación agravada coas obras de ampliación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará