Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais e nais de alumnos e os propios estudantes súmanse ás protestas polas obras da AP-9

RR_Noticias

A Avenida de Redondela volveu acoller esta mañá unha manifestación da Plataforma de Afectados polas obras da AP-9 ao seu paso por Chapela. Nesta ocasión sumáronse pais e nais de alumnos do CEIP Igrexa e do instituto, así como os propios alumnos do IES Chapela. Reivindicaron “a reposición dos servizos afectados, a construción do novo colexio Igrexa e a instalación de pantallas acústicas”.

Máis de 300 persoas participaron na movilización, que causou longas retencións na estrada N-552. A manifestación partiu do IES Chapela pola avenida de Redondela en dirección Teis ata a rotonda da AP-9, para regresar de novo ata o punto de partido. Máis dunha hora de percorrido no que reivindicaron “reposición dos servizos afectados, a construción do novo colexio Igrexa e a instalación de pantallas acústicas”.O obxectivo dos veciños é que as obras causen “os menores prexuízos posibles” aos residentes na zona, e aos alumnos dos centros de ensino, que están a sufrir ruídos e vibracións “insoportables”. A administración e Audasa comprometéronse a construir un novo centro de Educación Infantil e Primaria na zona coñecida como “finca da Ginaria”. Pero malia que obras da autoestrada están xa pegadas ao centro, os traballos para o novo colexio aínda non comezaron. Denuncian que despois de máis dun ano sigan pendentes de “trámites burocráticos”. Fartos de agardar, os pais e nais dos alumnos saíron á rúa, e advirten que “non consentirán que os alumnos sexan derivados a outros centros como o de Angorén ou Laredo”. Estudantes do IES que esta mañá participaban na mobilización, denunciaban esta situación que obriga a ter as fiestras pechadas e impide o normal funcionamento das aulas. Na protesta houbo tamén representación política, coa presenza dos edís do PP Miguel Ángel Álvarez e Arturo González, e o nacionalista Anxo Lusquiños, responsable local do BNG.

Alumnos do IES Chapela
Os alumnos denuncian que a situación que viven nas aulas con ruídos continuos e vibracións é insoportable.
CEIP Igrexa
Pais e nais como Mónica participaron na manifestación para esixir a construción do novo centro e apoiar aos veciños.
Novo colexio
Os pais advirten que non consentirán que os alumnos do CEIP Igrexa sexan derivados a outros centros. Fala Patricia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará