Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo Lúa Chea presenta a obra Reposo Absoluto

RR_Noticias

Dentro da programación teatral que organiza a Concellería de cultura inclúense tres obras de  teatro afeccionado que se representarán no Multiusos da Xunqueira en tres sábados consecutivos. A primeira proposta este sábado día 29 ás 20:00 horas correrá a cargo do grupo Lúa Chea quen presentará unha comedia de enredo apta para todos os públicos. A entrada é de balde.

A historia comeza coa preparación dunha desexada viaxe de vacacións dun grupo de veciños organiza polo concello á que por diversas circunstancias só acudirán mulleres. O director Manuel Solla, adianta que haberá un xiro inesperado. A Grupo Lúa Chea está formado por 14 persoas de idades que van dende os 20 aos 80 anos e que teñen no teatro a súa afección principal. Confía que esta comedia de enredo faga as delicias do público.  

Manuel Solla director
Fálanos da obra do sábado 29

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará