Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A creativa campaña do Choco protagonizada por Carmela a do “Porrón” logra 514 abonados

RR_Noticias

O Choco finalizou o pasado domingo a creativa campaña de abonos Quen é a muller da foto? na que propoñía un concurso-adiviña no que todas as persoas que formalizaron o seu carnet para a presente tempada tiñan a posibilidade de acceder ós agasallos que ofrecía a entidade en caso de acertar a identidade da muller que aparecía de costas nunha fotografía. En total formalizaron o seu abono 514 socios, o que supón un incremento dun 6% respecto da anterior tempada.

A modelo para esta campaña é a socio número 1 do club Carmela Rafael, máis coñecida como Carmela a do “Porrón”. A súa relación co equipo ven de moi antigo cando, ademais de acudir ó campo como seareira, tamén cociñaba os polos que tiñan por costume comer os futbolistas despois dalgún partido. Para toda a familia do Choco foi unha honra poder contar coa axuda da socia con máis anos na identidade e que xa acudía a Santa Mariña cando o campo era un terreo de terra ó lado da marisma e frecuentemente asolagado polas enchentes do río ou da marea alta.
Nos vindeiros días o club de Redondela procederá ó reconto de todas as persoas que acertaron a adiviña entre os socios e procederá ó sorteo dos agasallos entre os que está un abono de balde para todo o ano ou unha camisola da entidade.
Na actualidade, o Choco dispón de 514 abonos, o que supón un incremento dun 6% en relación a pasada tempada. Se aínda queda algunha afeccionado interesado en tramitar o carnet pode dirixirse ás instalacións da entidade en Santa Mariña ou poñerse en contacto pola rede. Iso si, non poderá acceder ós premios da xa finalizada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará