Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A folga baleira as aulas dos institutos de Redondela e deixa a medio gas a asistencia nos colexios

RR_Noticias

A mobilización convocada polos estudantes a as ANPAs dos colexios públicos en contra das chamadas reválidas tivo un seguimento maioritario nos institutos do noso concello. Tanto nos tres institutos de Redondela como no de Chapela os alumnos optaron por sumarse a folga e non acudir hoxe aos centros de ensino. Desigual foi o seguimento nos nove colexios do municipio. Mentres nos centros de ensino de Chapela case a totalidade do alumnado acudiu ás clases, en Porto Cabeiro, Reboreda e Cedeira as aulas estiveron practicamente baleiras.

A folga convocada hoxe pola Confaca-Ceapa, a asociación de pais e nais dos colexios públicos, e o Sindicato de Estudantes é a primeira do curso escolar e ten como obxectivo rexeitar as probas de avaliación -as coñecidas como reválidas- que fixa a Lomce. Os convocantes rexeitan estas probas que o alumnado debe superar en terceiro e sexto de primaria, final da ESO e Bacharelato por seren “un modelo arcaico que poden deixar fora do sistema a alumnos que aproben o curso, deslexitiman ao docente porque invalidan a avaliación continua e frean o acceso ao bacharelato e a universidade”, entre outras cuestións.
Unha mobilización tanto a nivel de Educación primaria como secundaria e bacharelato e que está a ter un seguimento masivo nos institutos do Concello. Así no de Chapela o seguimento foi do 100% entre o alumnado de diurno de FP e bacharelato, nos Institutos Mediño e Pedro Floriani máis do 80% dos matriculados non asistiron hoxe ao centro e un 74% dos alumnos do IES Illa de San Simón sumáronse tamén a folga.
Pola contra, nos colexios do concello o seguimento foi moi desigual, determinado principalmente pola labor de mobilización feita por cada unha das ANPAS. Así, en centros como o Colexio de Cedeira, o de Santo Paio de Abaixo en Reboreda ou o de Porto Cabeiro a asistencia foi mínima, en torno a 20 alumnos en cada un dos centros. Tamén importante o seguimento en Santa Mariña, colexio no que en torno a un 70% do alumnado sumóuse a folga, acudindo só 105 alumnos dos 368 matriculados.
Menos mobilización en Quintela, en torno a un 40% e no Alexandre Bóveda fixeron folga o 30% do alumando.
Finalmente en colexio como o Outeiro das Penas en Cesantes, ou os colexios Laredo e Igrexa, ambos os dous de Chapela, a folga non tivo repercusión xa que todos os pais optaron por enviar aos seus fillos ao centro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará