Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle o Trofeo de Fútbol Concello de Redondela

RR_Noticias

Aos clubs semifinalistas Choco, Peña Beretes e Cesantes súmase o Atl. Vilar, que superou na fase previa ao Chapela. As eliminatorias dispútanse mañá mércores no Campo de Parada, en Chapela, a partires das 10.00 horas. A final será ás 19.00.

O Atlético Vilar, que se impuxo a pasada semana na fase previa ao Chapela, logrou o pase a un das semifinais do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela. Terán como próximo rival ao Peña Beretes. Pola súa banda, a outra semifinal disputarana o Choco e o Cesantes. Todos os partidos celebraranse mañá mércores, día 12. A primeira semifinal será ás 10.00 entre Choco e Cesantes. Ás 12.00 xogarase a segunda eliminatoria entre Atl. Vilar e Peña Beretes Chapela. Os gañadores enfrontarase na final ás 19.00 horas. Todos os encontros se disputarán no campo de Parada, en Chapela, e a entrada ao recinto deportivo será gratuíta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará