Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dimite o concelleiro de Cultura, Xabier Alonso

RR_Noticias

O concelleiro de cultura Xabier Alonso, o que fora a gran fichaxe do PP en Redondela anuncia a súa dimisión “por motivos profesionais” ao ser “incompatible a súa labor na empresa privada co seu traballo a fronte do departamento de cultura”. Habería que engadir ademais certo desencanto coa política tras comprobar que é extremadamente difícil, por cuestións organizativas e burocráticas, trasladar á vida municipal un xeito de facer cultura que a día de hoxe non se está a aplicar nos concellos. A súa dimisión farase efectiva no pleno do vindeiro xoves día 8 e Cultura pasará previsiblemente a mans da concelleira Teresa París.

Tan só una ano despois de chegar ao goberno local, o edil de cultura presenta a súa dimisión “por incompatibilidade laboral e profesional”. “Nos últimos meses a miña vida laboral na empresa privada creceu exponencialmente e non podo dedicarlle ao concello as horas necesarias para desenvolver o meu traballo ao fronte de cultura” asegura Xabier Alonso quen engade que “nunca tiven intención de facer carreira política e reflexionando entendo que o máis axeitado é presentar a miña dimisión”.
Unha dimisión máis que previsible xa que nos últimos tempos podíase constatar un distanciamento entre o edil e o resto dos membros do grupo de goberno malia que a súa inclusión na lista popular fose anunciada como unha das grandes fichaxes de Javier Bas. De feito, para contar co exxerente da Fundación Illa de San Simón no seu goberno (Xabier Alonso non saíra elixido nun primeiro momento ao ocupar o posto número once da candidatura) favorecérase a renuncia da concelleira Ana Alonso e de Cándido Vilaboa.
Durante o último ano Alonso estivo ao fronte da Concellería de Cultura, Turismo, Normalización Lingüística e Novas Tecnoloxías ademais de ser responsable das Bibliotecas Municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará