Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de A Gramola Gominola en Chapela

RR_Noticias

A Alameda de Chapela acolle este domingo día 4 ás 20:00 horas un concerto do grupo de música infantil “A Gramola Gominola” organizado pola Concellaría de Cultura. Unha actuación de balde para público de 0 a 99 anos no que se escoitará música de diferentes estilos da man de Paula Romero, Ro Muñoz, Ánxelo de Xermar e Paco Cerdeira.

A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, unha banda de rock en galego pensado para as máis pequenos pero sen excluír aos maiores, unha proposta chea de música e humor na que se fai unha viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Presentan, ademais, unha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores. Este repaso pola evolución da música moderna serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a natureza e os seus recursos, a familia… todos estes contidos nas súas letras. O grupo está integrado por Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Ánxelo de Xermar (baixo), e Paco Cerdeira (guitarra), todos eles con dilatada experiencia noutras formacións musicais como Mamá Cabra, De Vacas, Festicultores Troupe ou Di Elas. A asistencia é libre e de balde.  

Paco Cerdeira A Gramola Gominola
Un concerto para a todas as idades
Rocke e unha posta en escea divertida
Dúas características que identifican a este grupo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará